ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/03/15

Recinto Gris

Comentario de Julia Cacheda


Recinto Gris
Ledicia Costas
Xerais
 
 
O libro de Ledicia Costas "Recinto Gris" provocoume tristeza pero unha gran felicidade á vez.
  Dende o meu punto de vista este libro é unha clara metáfora do que fixo Hitler nos campos de concentracion cos xudeus.
  Nesta historia engaiolan a rapaces peculiares desde nenos superdotados ata persoas tolas, inventores... É dicir todo o que é diferente ao común o que che da a túa propia identidade. Para min esta autora está facendo unha denuncia da sociedade, aos prototipos corporais, as modas... A todo o que fai que como paspáns acabemos sendo todos idénticos.
  O que máis me gustou desta historia foi a AMIZADE, a amizade que xorde entre eles e que pode aportar algo de cor a ese lugar gris pero sobre todo a audacia e a coraxe que provocou o inesperado final.
  Rematei este libro cun bo sabor de boca e debo dicir que me recordou moito a outro libro "El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares".

11/03/15

O principiño


Comentario de Francisco Rivas Santomé


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia
 


Este Libro xa o lera en anteriores cursos, é fácil de ler e divertido á vez; xa que podemos comparar a vida do Principiño con calquera das nosas vidas, que vai visitando distintos lugares cos que se atopa con xentes ben diferentes dos que sempre aprenderás algo, se son boas influencias.
Chega a eses lugares por distintos camiños, uns máis complicados e outros máis doados, tropezando con cousas que ás veces poden ser descoñecidas.
Fíxome reflexionar sobre o valor da amizade como a que se dá entre o Aviador e o Principiño, aínda que todo fora un soño que el debuxara na súa imaxinación. Ensíname o valor da beleza reflexado na Rosa e nas cousas pequenas, que son moi importantes para uns e insignificantes para outros.
Tamén fala da creatividade e da imaxinación, con un Vocabulario traballado e fácil de Ler tanto para adultos coma por nenos.

10/03/15

Cartas de inverno

Comentario de Francisco Rivas Santomé
 
 
Cartas de inverno
Agustín FErnández Paz
Xerais 
 
 
É un libro de moito misterio, medo e intriga ata o final. Fala da amizade entre Adrián e Xavier na distancia, coma cando Adrián regresa ás súas raíces, das que ningúen se esquece.
Teñen unha amizade especial, e ó comprar a Casa Encantada vaille contando os misterios que observa nela.
Todo o tempo queres seguilo lendo para ver como remata, destaco as chamadas escoitando voces que non se entenden, a criatura que se agochaba na casa e a súa irmá Tareixa que tardou bastante en chegar ata alí.
Aínda que a casa remata queimada, quero pensar que os protagonistas quizais salváronse desta traxedia.
Tiña unha linguaxe sinxela e é un libro moi recomendable coma todos os que lin de Agustín Fernández Paz.

09/03/15

Harry Potter e a orde do fénix

Comentario de Anxo Gil


Harry Potter e a orde do fénix
J. K. Rowling
Galaxia




É o meu libro favorito, e moléstame moito que a xente o rexeite cando ven o seu tamaño. A min gústame moito o libro en si, porque é nese libro onde atopo máis momentos cos que me sinto identificado, pola inxustiza a que Harry se ve sometido polo Ministerio só por decir a verdade, xa que ao ministro non lle convén dicir que un maníaco anda solto por Inglaterra adiante; aí penso nos políticos, que calan as cousas que non lles favorece dicir. A profesora Umbridge, enviada polo Ministerio, maltrata aos alumnos e castígaos duramente, chegando ao sadismo, e sendo repugnante a todos os niveis. Iso paréceme moi inxusto, e divírteme moito ler a parte na que a raptan e os centauros a levan á súa guarida por habelos  atacado. 

08/03/15

O mundo secreto de Basilius Hoffman


Comentario de Anxo Gil


O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco





Este libro gustoume moito porque trata temas mitolóxicos, e , ao gustarme a mitoloxía, xa teño lido máis libros dese tema, pero nunca un deste estilo, onde a mitoloxía se mestura coa realidade e se funden nuha mesma cousa, creando un mundo no que coexiste a maxia e a tecnoloxía de hoxe en día. O personaxe de Rivka tamén me gustou, pois ela só quería divertirse, e o pai non lle deixa divertirse porque iso non é propio dunha dama. Aínda así, o final pareceume moi similar ao de Matilda: Peter acabou vivindo nun lugar no que era feliz, xunto co seu tío. Dixéronme que había unha segunda parte do libro, así que o vou mercar.

05/03/15

O único que queda é o amor


Comentario de Laura García Moldes


O único que queda é o amor
Agustín Fernández Paz
Xerais





Este libro pareceume entretido e fácil de ler pola súa trama e o seu vocabulario.

O meu personaxe favorito é a protagonista da primeira historia, porque é unha muller forte e intelixente.

O único defecto que lle vexo ao libro son os finais das historias, sobre todo o final da segunda que foi o que menos me gustou.