ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/06/15

Ás de bolboreta

Comentario de Guillermo Fernández Portas


Ás de bolboreta
Rosa Aneiros
Xerais



Este libro de Rosa Aneiros resultoume un libro moi sinxelo de ler e lino moi rápido xa que enténdese moi ben . A pesar disto tamén houbo cousas que non me gustaron como por exemplo, o feito de que houbera tantos personaxes na historia resultoume un tanto repetitivo. Penso que con dúas historias menos sería suficiente. O personaxe que máis me gustou foi o de Igbal, o neno paquistaní. O feito de que optara por marchar por culpa do atentado resultoume estraño pero ao mesmo tempo unha boa decisión. Co personaxe de Manuel sentínme un pouco identificado porque pasa moito tempo co seu avó coma min. 
En resumo, un libro sinxelo, entretido pero un pouco repetitivo.

07/06/15

O anxo de Eva

Comentario de Carla González Silva


O anxo de Eva
 Marina Mayoral
Xerais 





Esta novela de Marina Mayoral é espectacular.
A protagonista, Eva, estando no seu cuarto atópase cun ser fascinante, un anxo, co cal emprenderá una gran relación de amizade. 
Sentinme un pouco identificada con Eva no momento en que coñece a este anxo porque penso que eu tamén lle preguntaría as mesmas cousas. Ao longo desta novela tamén se nos presenta ao resto da familia de Eva, a cal non pasa por moi non bos momentos logo de que o seu pai abandonase o fogar pero con cal seguen tendo relación. Salientar por outra banda que non me gustou nada a actitudes da nai de Eva fronte a noiva do seu fillo, pareceume totalmente "racista".
Recoméndolle este libro a todas as personas que teñan bastante imaxinación e poidan chegar a traspasar fronteras como ben fai a querida protagonista Eva.
 

Morning Star


Comentario de Julia Cacheda

Morning Star
Xosé Miranda
Xerais






O libro gustoume moito.
  Debo dicir que en principio collín este libro porque lera que trataba de amor, por iso cando decidín lelo descubrín que ese era un dos subtemas ao que non se lle dedica a importancia que a min me gusta.
  Esta novela trata dunha incrible aventura de bandoleiros durante o século XX na provincia de Galiza e dun aclamado tesouro.
  O principio da historia paréceme demasiado monótona xa que sempre contaba a mesmo; pero a mediados do libro comezou a aventura e a intriga.
  Neste libro vese como a atracción de Lourenzo por Helena faino cambiar completamente: aprende a ler, escribir e mesmo arrisca a súa vida por ela.
  Neste libro vese como a xente roubada por un anaco de pan para comer, é dicir, a pobreza que había, a falta de estudos nas persoas, como un cego non era tan cego, os cañonazos que se botan por un cofre con moedas, e as incribles tramas entre gavelas do século.
  Este libro merece a pena lelo xa que ten unha trama de intriga, aventura,  misterio, amor; todo o que se precisa para unha tarde entretida.

06/06/15

Penúltimas tendencias

Comentario de Francisco Rodríguez


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
  
 

Ai Carlos Negro!, este prodixioso da poesía volveuno facer, volveume facer quedar ca boca aberta ante os seus versos. Segundo libro que leo deste grande, e segundo libro que me encanta, un 2 de 2 e iremos polo terceiro, porque é o  que merece este poeta, que as súas marabillosas creacións sexan lidas unha e outra vez.
Eu creo que xa me adaptei a súa poesía, o que fixo que a cada poema que lía podía sacar o significado que, erroneamente ou non, eu cría que quería tranmitir, e este fenómeno de entendemento é incrible en min xa que me costa bastante entender as metáforas que os poetas crean.
Deixando atrás o creador imos ao contido. Este libro paréceme que debería ser lido por toda a poboación xa que denuncia unha cousa que moita xente está a intentar denunciar pero que non conseguen frear. Os maltratos quedan a flor de pel en moitos poemas e sobre todo o que percibín é que denuncia como nunca vin os prexuízos cara ás mulleres que non son "princesas" o que me parece moi mal xa que cada muller é totalmente libre de pensar, vestir e actuar como ela queira.
Un dos poemas que máis me impactou é o de "Tatuaxe" xa que en canto o lin, aínda que o entendín á primeira sentín a necesidade de lelo ata tres veces.
En definitiva, un libro que me deixou feliz e do que non podería dicir nin unha soa pega.

36-39 Malos Tempos

Comentario de Lucía Otero


Carlos Giménez
36-39 Malos Tempos
El Patito Editorial 





Este libro pareceume moi diferente do resto de cómics que teño lido, respecto ó tema e ás historias. É interesante ver a guerra desde o punto de vista da xente que a sufriu, ver as súas ilusións e angustias,  como perden á xente que as rodea, como loitan por comer, e polos recursos que precisan.
Paréceme unha forma de ver a guerra dende un punto de vista mais cercan, vendo as vidas dos cidadáns, sentindo o que pasan e por pouco sufrindo coma eles.
Encantoume como a rapaciña que tiña un saco onde metía alí todo o que vía de valor, coidaba dos seus irmáns, pasaba fame por gardar a comida e repartila entre os seus famentos irmáns.
Estiven todo o tempo que o lin moi atenta  e intrigada, cando caían bombas e a muller anciá chegou chorando porque lle mataran ao seu marido, sentín unha gran empatía por ela.
Gustoume moitísimo este libro aínda que fose tan triste.