Comentario de Lucía Otero
Carlos Giménez
36-39 Malos Tempos
El Patito Editorial
Carlos Giménez
36-39 Malos Tempos
El Patito Editorial
Este
libro pareceume moi diferente do resto de cómics que teño lido, respecto ó tema
e ás historias. É interesante ver a guerra desde o punto de vista da xente que
a sufriu, ver as súas ilusións e angustias,
como perden á xente que as rodea, como loitan por comer, e polos
recursos que precisan.
Paréceme
unha forma de ver a guerra dende un punto de vista mais cercan, vendo as vidas
dos cidadáns, sentindo o que pasan e por pouco sufrindo coma eles.
Encantoume
como a rapaciña que tiña un saco onde metía alí todo o que vía de valor,
coidaba dos seus irmáns, pasaba fame por gardar a comida e repartila entre os
seus famentos irmáns.
Estiven
todo o tempo que o lin moi atenta e
intrigada, cando caían bombas e a muller anciá chegou chorando porque lle mataran ao seu marido, sentín unha gran empatía por ela.
Gustoume
moitísimo este libro aínda que fose tan triste.
Sen comentarios
Publicar un comentario