ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/06/15

Penúltimas tendencias

Comentario de Francisco Rodríguez


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
  
 

Ai Carlos Negro!, este prodixioso da poesía volveuno facer, volveume facer quedar ca boca aberta ante os seus versos. Segundo libro que leo deste grande, e segundo libro que me encanta, un 2 de 2 e iremos polo terceiro, porque é o  que merece este poeta, que as súas marabillosas creacións sexan lidas unha e outra vez.
Eu creo que xa me adaptei a súa poesía, o que fixo que a cada poema que lía podía sacar o significado que, erroneamente ou non, eu cría que quería tranmitir, e este fenómeno de entendemento é incrible en min xa que me costa bastante entender as metáforas que os poetas crean.
Deixando atrás o creador imos ao contido. Este libro paréceme que debería ser lido por toda a poboación xa que denuncia unha cousa que moita xente está a intentar denunciar pero que non conseguen frear. Os maltratos quedan a flor de pel en moitos poemas e sobre todo o que percibín é que denuncia como nunca vin os prexuízos cara ás mulleres que non son "princesas" o que me parece moi mal xa que cada muller é totalmente libre de pensar, vestir e actuar como ela queira.
Un dos poemas que máis me impactou é o de "Tatuaxe" xa que en canto o lin, aínda que o entendín á primeira sentín a necesidade de lelo ata tres veces.
En definitiva, un libro que me deixou feliz e do que non podería dicir nin unha soa pega.

Sen comentarios