Comentario de Francisco Rodríguez
Sangué Sabur
Atiq Rahimi
Rinoceronte
Este libro
de Atiq Rahimi produciu sentimentos contraditorios en min, xa que
pareceume á súa vez monótono e orixinal, interesante e completamente aburrido,
con sentimentos de moita pena polas situacións das mulleres e rabia por non
poder facer nada, e todo isto en pequenas partes que se entrelazaban deixando
finalmente un sabor de boca que non sei se era o que esperaba tanto polas
expectativas que tiña do libro coma polas diferentes opinións que oíra
días anteriores e que me animaran a collelo.
Por outra
parte, gustoume que tivera un fío que englobara todas as accións a través dos
coidados da muller cara ó seu home ferido de gravidade cunha bala na caluga, e
tamén, por suposto, os pensamentos que eran principalmente os desafogos e
sinceridade da muller cara ao seu home, o cal a priori non se enteraba pero que
despois....
Con este
libro aprendín a precaria situación que viven países da zona de Palestina, zona
musulmá, onde todo, o bo e o malo, faise "por Alá". Xa que alí pola
guerra, á que fai referencia varias veces a muller coas frases "Por
momentos disparan, por momentos rezan" que expresan a situación daquela
poboación pero que aínda así as mulleres non se queixan xa que aceptan a súa
situación de muller e o que iso conleva nesa relixión, o que eu creo que non
podería ser.
Encantoume o
feito de que o home se convertera na "SANGUÉ SABUR" (ou pedra da
paciencia onde os musulmás relataban os seus segredos mais ocultos, os seus
problemas, etc. ) aínda que ese feito orixinase ese final tan tráxico que nunca
imaxinaría.
En
definitiva, un libro que só leria de novo se non quedase outro remedio.
Sen comentarios
Publicar un comentario