Quixen ler o libro porque me gustou moito a
lectura de "Bull e Mignonne", e tiña curiosidade por lelo. O libro
encantoume, porque nunca sabes como vai acabar a historia, nin te imaxinas o
final de cada relato; aínda así, Gonzalo Navaza pareceume un pouco macabro, xa
que en cada historia morre, cando menos, unha persoa, e mesmo un neno foi capaz
de matar a un home en "Castelos na area" e non sentir remorsos.
Creo que non se entende ben o final de "O home do saco", porque conta
que o rapaz matou a un home, o cal pensaba que era o home do saco, e máis tarde,
ao final da historia, din que o rapaz o imaxinou todo e o verdadeiro asasino
foi un vándalo de cerca de onde vivían. A historia de "Viva a
revolución"non me gustou tanto porque, ao non ter coñecido a época na que
ese libro está ambientada, non coñecín os sucesos que ocorren con Franco, así
que non podo saber o que sentían os personaxes naqueles momentos, coa
revolución ou os grises; aínda con todo, foi un libro que me encantou, e que
penso volver a ler un día.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario