A
novela de Xabier Quiroga Era por setembro gustoume bastante
en xeral, aínda que hai fragmentos que me resultaron complicados de entender,
sobre todo algunhas reflexións demasiado longas que fan perder o fío da
historia.
A
obra comeza no presente cando Aldara, a protagonista, é nomeada ministra do
goberno e recibe a noticia da morte da súa nai. Mentres viaxa á aldea para
asistir ao enterro comeza a lembrar a súa infancia e como era a relación cos
seus pais e o seu irmán.
Nesta
obra eu destacaría dous aspectos: primeiro, a historia que se nos conta, é
dicir, os recordos de Aldara e algúns sucesos importantes con moita intriga que
lle aconteceron. O segundo aspecto destacable desta novela é como describe a
maneira de vivir nesa época. Trátase dunha
sociedade onde a xente ten medo e non pode opinar ou expresarse
libremente porque pode ir ao cárcere e incluso morrer.
En
resumo, este libro pareceume moi interesante e entretido, lese bastante ben
aínda que hai fragmentos demasiado longos
que te despistan da historia principal.
Sen comentarios
Publicar un comentario