Comentario de Vanesa Lalín Pousa
Asasinato no Oriente Express
Agatha Chistie
Galaxia
Antes de empezar a ler o libro tiña unha idea de
que me ía gustar moito, pero unha vez que empecei , non é que non me gustara,
pero penso que non atopei todo o que eu esperaba. Non sei concretamente a que
foi debido, se por un lado, se era que tiña visto algunha película de Agatha
Christie e debido a isto esperaba máis acción. Pero teño que recoñercer
que a historia é de moita intriga e misterio, que en todo momento hai tensión,
que fai que leas para ver que pasa e como se resolve o asasinato.
Para min a autora, en certos momentos, quere como,
non sei, se involucrarnos ou facernos pensar posibles solucións do asasinato
que se cometera, pero segundo lía comprendín que era moi difícil resolver ese
asasinato, xa que parecía que o pasado da vítima se volvera en contra súa
polas cousas que fixera, e así un grupo de persoas se decidirán a tomar a
xustiza pola súa conta, cometendo o crime dunha maneira tan precisa e case
perfecta.
Debido a isto o final do libro, para min, foi como
algo inesperado, onde parecía que non había nada concreto, pero en realidade
unha vez que pensabas un pouco dábaste conta do que nese tren pasara.
Esta historia fixome pensar como as veces certas
cousa ou castigos poden chegar a calquera dunha maneira inesperada, pódennos
parecer xustas ou inxustas dependendo de como se miren ou se coñezan.
Sen comentarios
Publicar un comentario