"Illa
Soidade" é unha historia moi bonita, cargada de paixón, intriga e, como
ben o di o título, soidade e a marxinación. É unha obra que trata do día día
dunha indixente que recolles os seus sucesos nun diario. Nesta obra denúncianse
os prexuízos que se teñen cos vagabundos, cando, en realidade, deberíamos mirar
máis e fixarnos máis nas persoas que nos rodean. Esta é a primeira obra que leo
desta autora viguesa e no futuro gustaríame ler máis obras desta autora,
porque se son coma esta, creo que me gustarían. Creo que a historia está ben
estruturada, é bastante sinxela de ler, non só pola súa linguaxe, senón que,
tamén pola súa brevidade e considero que está escritora, polo menos nesta obra,
consegue chegar ao interior do lector, algo que non sei como explicar.
Os
personaxes e os lugares onde transcorren as accións, creo que están moi ben
descritos, cousas que, na miña opinión, non fai moitos escritores. Eu sentinme
bastante identificado psicoloxicamente con Lucía, xa que é unha adolescente,
moi curiosa e que non ten prexuízos cara a ninguén, nesta última non me
identifico tanto co personaxe, xa que recoñezo que teño algúns prexuízos contra
algunhas persoas. Por outra parte, gustaríame dicir que a autora non puido
relacionar de forma máis precisa o título do libro co nome da persoa que
escribe o diario, xa que esta última, chámase Soidade e considera que todas as
persoas son illas, pero ela é unha illa soa e deserta, sen compañía.
Outra
característica, que me agradou desta obra, foi o realista que é, xa que a trama
que nela se desenvolve. é algo que sucede a diario nas cidades; xente que ao
estar sen recursos e ao non haber comedores e albergues sociais, se ve obrigada
a facer a súa vida na calle. Algo que fai que estas persoas teñan problemas
relacionados coa saúde, e se formen liortas entre os indixentes pola ocupación
dun lugar para durmir.
Para min o
final non foi o esperado e decepcionoume bastante, xa que dunha historia e unha
trama tan boas, esperábame un gran final, pero foi todo o contrario. Eu
prefería que o libro fose máis extenso e polo menos me falase algo do que sería
no futuro de Lucía, en definitiva, creo que ao desenlace da novela lle falta
carácter, por dicilo dalgunha maneira.
Sen comentarios
Publicar un comentario