Este libro
do recoñecido como o meu poeta favorito Carlos Negro, pareceume dos mellores
libros que lin. O principal motivo que impulsou ese pensamento foi o feito de
que mestura os dous temas máis famosos nos chicos: chicas e coches. E que
o fai dunha forma onde critica a forma de ´´divertirse´´dos adolescentes da
actualidade amosando de forma clara e directa a principal consecuencia dun
comportamento insensato: a morte.
Tamén me
encantou que algúns poemas teñan unha gran musicalidade o que fai moito máis
amena a lectura e que fixo que non puidera reprimir as ganas de cantalo.
Paréceme un
libro que deberían por como libro obrigatorio a todos os nenos, pois eu creo
que serve para darnos un golpazo e que nos demos conta que nin todo é de
luz e cor e que xa hai que irse comportando de certa maneira , xa que se non o
fas podes sufrir, ti e os teus queridos, as graves consecuencias.
En
definitiva, un libro que lería moitisisisismas veces e todas elas con gusto.
Sen comentarios
Publicar un comentario