ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/10/13

Eu, pel

Comentario de Alba Iglesias López



Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais






Este libro non me gustou moito. Resultoume algo difícil de ler porque conta dúas historias diferentes:  o  Innominable que  era un rapaz que tiña unha enfermidade na pel  á que ninguén parecía importarlle e non lle daban solución,  e Niki unha rapaza á que se lle daba moi ben a pintura. 
O final  aclaroume moitas dúbidas que tiven ao longo da lectura. 
É un bo libro para os que lle guste o misterio e recoméndollo pero a min confundíame bastante á hora de lelo.

16/10/13

Eu, pel

Comentario de Lucrecia Balagué Blanco


Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais






Este libro trata sobre dúas vidas paralelas de dous rapaces, neste caso son Niki e Imnominable.
     Non me gustou nada como trataron ao pobre do de cuxo nome non pronunciamos (Imnominable), non é normal nunha familia de ricos, que só ten un fillo, que o traten así de mal. Porque o pobre neno non tivo a culpa de nacer así, con pouca mielanina, no mundo hai moita xente branca e moita xente dunha cor máis escura, malia iso non  temos por que ser tan racistas con eles, ninguén é perfecto, nin sequera as modelos xa que se cren as máis fermosas por ter premios e un montón de maquillaxe na cara, iso non debería de ser así, TODO O MUNDO TEN DEREITO A SER IGUAL, A QUE O TRATEN IGUAL. Por un simple problemiña de cor non debemos de ser malas persoas con el/ela. Temos que deixar de lado ese racismo que nos mata por dentro, consúmenos.
     A xente métese coa xente doutra cor para sentirse "guai" pero non é así,  o único que consegue é que esa xente se sinta mal, o máis duro é que todos facemos o mesmo, ata que chegamos a un punto desa situación, na que nos poñemos no lugar do outro e sentimos todo o mal e o dano que estamos causando, espero que  chegue un día no que todos no deamos de conta e saibamos convivir xuntos.
      Ata as películas son racistas, porque, se te das de conta, nas series de medo sempre morre primeiro o moreniño, e sálvase a máis guapa, iso ponme dun mal humor....
      Por outro lado esta Niki, ela é pintora e fai uns cadros moi bos. Deume pena porque os seus pais morreron, e grazas a Galeán puido ter unha nova familia.
      O libro fala de que Galeán descarga toda a súa ira pintando cadros, fai ben, é un bo método para quitar todo o malo para fóra. Galeán foi o único que lle fixo caso ao Imnominable, pero o pobre estaba moi  asustado e comezou a berrar, xa que iso era algo novo para el.
    En resume, o libro gustoume, pero foi moi complicado de ler, xa que estou acostumada a ler algo dunha soa persoa e a historia vai intercambiando as historias,  ao principio fala sobre o Imnominable e despois empeza a falar de Niki, outra cousa que non din entendido é o de por que Niki foi a un psiquiatra.
    Espero ter o honor de coñecer á autora, xa que me parece unha escritora interesante e gustaríame facerlle unhas preguntas.

09/10/13

Poetízate

Comentario de Antía Buján



Poetízate
Fran Alonso
Xerais








Este é o primeiro libro de poesía galega escrita por poetas galegos que leo. Como lectora habitual, a idea de ler un libro con unicamente poemas non me resultou atractivo no seu momento, xa que os poemas que lin ao longo do tempo nunca me gustaron nin chamaron a miña atención.
Ao principio do libro gustame como Fran Alonso explica que en cada poema encontrase unha lenda, xa sexa de amor, tristeza ou incluso luxuria. Fran Alonso convida a ler poesía dende outro punto de vista, e no meu caso conseguiuno.
Non negarei que algúns poemas non me gustaron ou resultáronme complexos , pola contra tamén houbo algúns que me gustaron moito. 
Se tivera que resaltar algún sería " Envellecer" de Ana María Fernández do libro "Amar e outros verbos" , a explicación sería porque aparte de resultarme sinxelo de ler e entender , fíxome pensar nos meus avós aos que estou moi ligada e supoño que iso é o que pretende a poeta e Fran Alonso, espertar sentimentos mediante os seus poemas.

08/10/13

Eu, pel

Comentario de Aida Vilariño García


Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais



Un título tan sinxelo para un libro que me deixou sen palabras. Normalmente os comezos sempre me resultan aburridos pero este non foi o caso, un rapaz rexeitado ao nacer, unha rapaza que perdera os seus pais...
Pero non foi ata as páxinas 190-200 cando me metín totalmente na historia. Apaixoáronme as historias de misterio pero sobre todo as románticas, aínda que este non foi o caso, quero crer que interpretei ben o libro e o misterioso "innominable" sentía algo, por mínimo que fose, pero sentía algo por niki a parte de admiración.
Debían facer unha segunda parte contando como foi a vida de Niki despois de todo o que pasou no castelo. 
En xeral gustoume moito pero hai algo que non entendo. Por que cada vez que se refiren ao "Innominable" o poñen en maiúscula? Por exemplo, "El", "Súa"...

07/10/13

Eu, pel

Comentario de David Núñez Ouzande


Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais


Este libro foi bastante raro, xa que trata dúas historias que finalmente se unen. Estas son: A de Niki, unha rapaza que ten boa maña para a pintura, e a dun rapaz que ten un problema de pel e ademais puxéronlle un nome que ninguén pronunciaba ben e por iso chamárono "Innominable".
O final foi moi connmovedor xa qeu o invento do "Innominable" fai que a felicidade vaia a todo o mundo agás a el, que quedaba co odio dos demais.
O libro gustoume bastante xa que ao principio parece raro e aburrido pero cando se len varias páxinas engancha e o lector ten a necesidade de saber o que pasa. 
Eu recomendo lelo, e ata creo que o volverei ler!

06/10/13

Eu, pel

Comentario de Alberto García Fernández


Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais




 O libro trata dous temas diferentes ao mesmo tempo, cousa que me desorientou un pouco, polo que me custou entender algunhas partes del.
   Por unha parte conta a historia de Niki, unha nena prodixia no mundo da pintura e no coñecemento das materias primas, e por outra, a historia dun neno maldito que tiña un envoltorio no lugar de ter pel, cun nome difícil de pronunciar (Innominable), e ao que nadie atendía nin lle daba mostras de afecto.
   As dúas historias únense cando o pai do Innominable lle dá a illa onde viven el e Niki. O Innominable, unta un líquido por toda a cidade e obriga a xente a bañarse en piscinas cheas del que fai que todos estean felices, con falsas risas e en contra da súa vontade. Niki vese implicada cando el a leva ao seu castelo e lle ordena facerlle unha falsa pel coa que sente todo o cariño das persoas ao mesmo tempo, pero tamén o odio, polo que acaba morrendo.
  Este libro non me gustou, porque xunta cousas moi distintas, porque non entendo algúns tramos do texto e porque o seu desenvolvemento é moi aburrido; porén, lino rápido e hai partes que estan moi ben, pero aínda así non me fan cambiar de opinión. 

21/09/13

Ler é medrar