Comentario de Alberto García Fernández
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
O libro trata dous temas diferentes ao mesmo tempo, cousa que me
desorientou un pouco, polo que me custou entender algunhas partes del.
Por unha parte conta a historia de Niki, unha nena prodixia no
mundo da pintura e no coñecemento das materias primas, e por outra, a historia
dun neno maldito que tiña un envoltorio no lugar de ter pel, cun nome difícil
de pronunciar (Innominable), e ao que nadie atendía nin lle daba mostras de
afecto.
As dúas historias únense cando o pai do Innominable lle dá a
illa onde viven el e Niki. O Innominable, unta un líquido por toda a cidade e
obriga a xente a bañarse en piscinas cheas del que fai que todos estean
felices, con falsas risas e en contra da súa vontade. Niki vese implicada cando el a leva ao seu castelo e lle ordena facerlle unha falsa pel coa que sente
todo o cariño das persoas ao mesmo tempo, pero tamén o odio, polo que acaba
morrendo.
Este libro non me gustou, porque xunta cousas moi distintas, porque
non entendo algúns tramos do texto e porque o seu desenvolvemento é moi aburrido; porén, lino rápido e hai partes que estan moi ben, pero aínda así non me fan
cambiar de opinión.
Sen comentarios
Publicar un comentario