Comentario de Antía Buján
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
Este é o primeiro libro de poesía galega escrita por poetas galegos que
leo. Como lectora habitual, a idea de ler un libro con unicamente poemas non me
resultou atractivo no seu momento, xa que os poemas que lin ao longo do tempo
nunca me gustaron nin chamaron a miña atención.
Ao principio do libro gustame como Fran Alonso explica que en cada poema
encontrase unha lenda, xa sexa de amor, tristeza ou incluso luxuria. Fran
Alonso convida a ler poesía dende outro punto de vista, e no meu caso
conseguiuno.
Non negarei que algúns poemas non me gustaron ou resultáronme complexos ,
pola contra tamén houbo algúns que me gustaron moito.
Se tivera que resaltar algún sería " Envellecer" de Ana María
Fernández do libro "Amar e outros verbos" , a explicación sería
porque aparte de resultarme sinxelo de ler e entender , fíxome pensar nos meus
avós aos que estou moi ligada e supoño que iso é o que pretende a poeta e Fran
Alonso, espertar sentimentos mediante os seus poemas.
Sen comentarios
Publicar un comentario