Made in Galiza
Séchu Sende
A través de
relatos curtos o autor transmite a situación da lingua galega dunha maneira moi
particular e entretida.
Cómpre resaltar que dende un primeiro momento xa me
chamou a atención tan só polo título.
Para narrar utiliza a sátira e a retranca, e isto
enganchoume na lectura, que me resultou moi rápida e doada. En xeral todos os
relatos me chamaron a atención pero gustaríame destacar “Na oficina de obxectos
perdidos” xa que o autor logra expresar dunha maneira moi clara e directa a
situación do galego. Tamén podería nomear outro onde os pais lle imparten unha
educación en castelán a súa filla, sendo galego falantes. Como pensan recuperar
a lingua?
En conclusión Made
in Galiza encantoume, a pesar de que as verdades doen ao ver que seguen así.
Paréceme un libro moi entretido e interesante, que llo recomendaría a todos
para que reflexionasen sobre a situación do galego e da importancia de perder
unha lingua. Ademais penso que lle serviría a moitos para darse de conta de que
o galego tamén é unha gran lingua, e que o poden falar perfectamente e por iso
non van a ser inferiores aos casteláns falantes.
Sen comentarios
Publicar un comentario