Comentario de Iker Calvo Pérez
A soidade do asasino
Carlos G. Reigosa
Xerais
´´A soidade do
asasino´´, un libro escrito por Carlos G. Reigosa e que nos mergulla nunha curta obra de teatro, que conta a historia dun asasino que ten como único encargo matar
a súa vítima chamada Claudio, pero algo raro sucede que decide non usar o método
que sempre utilizou e secuestralo, e intentar saber o porqué de que non o
puidese matar; aquí é onde verdadeiramente comeza o interesante do libro.
Estes dous personaxes establecen unha conversación na cal o obxectivo de
Claudio é gañar tempo para que non o mate e poder chegar a un acordo, e o obxectivo
de Víctor, o asasino, é intentar saber por que non o pode matar. O sorprendente
é que pasan de ser uns completos descoñecidos a coñecerse case á perfección ao
se dar conta de que son como almas xemelgas.
O destino de
Claudio que parecía máis que claro que ía ser a morte , ao se dar conta da
debilidade de Víctor, a cal é que se ve reflexado nel, xa non parece tan claro…
Na miña opinión
´´A soidade do asasino´´ ten un xiros na trama que son totalmente inesperados e
tamén dicir que é un libro moi curto e moi entretido o que fai que te enganches
moi rápido e tamén que te quedes con ganas de máis.
Sen comentarios
Publicar un comentario