Comentario de Alba Gómez Barros
O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais
Trata sobre un
adolescente que ten que pasar unha tempada cunha tía na vila de Auvers. Durante os
días de verán coñece a Vicent, un pintor do que se fará inseparable. Ademais
coñecerá o amor e algúns misterios sobre o seu pasado e enfrontarase á morte,
que o obriga a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
É importante resaltar que dende un primeiro momento estiven na pel dos
personaxes e gocei coa lectura. O que máis me chamou a atención foi a vida do
mozo que a pesar de ter 16 anos, tense que enfrontar a moitas dificultades e
tamén á morte.
Este libro tamén destaca pola relación entre o mozo e o pintor, xa que as súas confidencias tivéronme entretida ata o final.
Pareceume impactante, xa que na primeira
páxina comeza cunha frase que me chamou moito a atención (“Non esquezamos
que as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas”)
En conclusión este libro gustoume moito, resultoume entretido e pareceume
moi boa a forma que utiliza o autor para contar esta historia. Recoméndoo a calquera persoa xa que estou segura de que lles gustará.
Sen comentarios
Publicar un comentario