Comentario de Cristina Guerra Vila
Unha verdade amarga
Celia Díaz Núñez
Galaxia
Este
libro cóntanos a historia de dúas familias, Os Pereira e os Salgado, que
quizais teñan máis en común que simples horas de xogos na infancia.
Aurelio,
un home forte, galante e cunha forza notable, encóntrase no último tramo da súa
vida, mentres que a súa filla, Pilar, desvívese por coidar ó pai que tanto amou
toda a súa vida ao quedar orfa de nai cando apenas era unha meniña. Non está
soa, ten o seu lado ó seu marido, ó seu irmán e a Alberte, o neto que todo avó
querería. Xuntos loitarán polos dereitos de Aurelio mentres Daniel Pereiro, pai
de familia, só intenta saber algo da súa procedencia.
Unha
historia de loita, segredos do pasado, identidade, amores, sufrimento, paixón e
alegría. Persoalmente, este libro gustoume xa que é sinxelo de ler e conseguiu que
aflorase en min intriga cada vez que avanzaba. Aprendín o que a vida dunha soa
persoa pode chegar a importar e todo o que deixa atrás cando marcha, tanto
persoas que a botarán en falta como mil e unha historias que quedarán no esquecemento,
ou tal vez non.
Sen comentarios
Publicar un comentario