Trata dunha moza de 17 anos sen
ningún medo que decide axudar as persoas máis humildes despois de descubrir as
inxustizas na mina e de cabo Marelo. Unha historia sobre o contrabando nas
minas de volframio.
Este libro gustoume moito xa polo
simple feito de que un avó contalle a historia a súa neta. Esta forma que
utilizou o autor para narrar fixo que me meterá perfectamente no libro e me
parecera unha historia que vivíu o meu propio avó e que está a contarma.
Enganchoume dende un primeiro
momento, cando mencionaba os distintos lugares de Galicia facendo que me
espertase o interese por saber onde se encontran e situar mellor a historia.
É importante resaltar que este
libro está ambientado na época do volframio, os sucesos que ocorrían nas minas
intentando sacar o material as agochadas. Para min foi un tema atractivo e moi
interesante dos anos 40 sobre o que decidín indagar.
A miña curiosidade mantívose
dende un principio ata o final. Acontecementos como que Félix fose o
guardacostas de Carmucha ou a relación dela co seu pai tívome entretida todo o
tempo.
En conclusión un libro
espectacular cunha trama moi chamativa.
Recomendaría este libro xa que é moi cautivador.
Sen comentarios
Publicar un comentario