Comentario de Noelia Ferreiro Reboredo
A dúbida
María Reimóndez
Xerais
A dúbida é un
libro escrito por María Reimóndez, escritora,
feminista e doutora en tradución e interpretación española. Cultiva a
narrativa, lírica, teatro e o ensaio.
Esta novela trata dunha muller loitadora e
forte, decidida a achar a verdade por moi decepcionante que sexa. Ela chámase
Deli. O seu marido, un home do mundo da política, é detido por un delito de
abuso sexual a menores. A vítima é unha nena que se chama Ana, a filla duns
amigos deles.
Deli esforzárase por saber se o seu home foi
capaz de facer semellante atrocidade. Na súa investigación descubrirá o lado
escuro, cruel e arrepiante da persoa
coa que viviu e cría coñecer dende había anos; pero non foi só del, senón tamén
do alcalde da cidade, un compañeiro e amigo do seu cónxuxe.
É importante indicar que nesta novela vemos
reflexados moitos valores e eivas da
sociedade na que vivimos. A protagonista, que é Deli, encarna moitos dos bos aspectos como son:
loitar por achar a verdade, a xustiza ou
non ser escrava dos chamados canons de beleza.
Pola contra tamén vemos ese flanco da
sociedade infectado por comportamentos inmorais, e algúns, ata
pavorosos. Exemplos destes son: a corrupción, menosprezar a unha persoa
polo seu aspecto físico, o abuso sexual a menores, a prostitución, o poder
que pode chegar a ter o diñeiro e a posición social ante a xustiza. Todos estes
aspectos van facer que a nosa protagonista comece a ver o mundo dende outro
punto de vista.
Finalmente
este libro ensínanos algúns dos
trazos do mundo no que vivimos, sexan bos ou malos, pero que están aí, ao noso
redor, e que debemos loitar contra eses aspectos daniños para as persoas e loitar pola xustiza.
Persoalmente
pareceume moi interesante, xa que
mostra temas que pasan na actualidade. Tamén me gustou moito a maneira
de escribir da autora xa que é capaz de manterte con intriga durante todo o
libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario