Comentario de Cristina Guerra Vila
Chamando ás portas do ceo
Jordi Sierra i Fabra
Edebé
Este
libro, do que vou falar hoxe, é de Jordi Sierra I Fabra. Cóntanos a historia de
Silvia, unha rapaza de dezanove anos, estudante da carreira de medicina, filla
duns dos máis prestixiados cirurxiáns e doutores de Barcelona e do mundo, que
renuncia ó que podía ser un fantástico verán de festa e diversión cos seus
amigos, para axudar como voluntaria nun hospital da India. O seu camiño non
será sinxelo. Atopará obstáculos, persoas que non a valoran o suficiente só
polo seus apelidos e polo seu físico. Pero nunca se rende, sendo unha rapaza
cunha personalidade e unha forza envexable.
Persoalmente,
este libro pasou a converterse nun dos meus favoritos. Nos momentos nos que o
lía era capaz de absorverme e esquecerme do reloxo mentres pasabas páxinas e
páxinas. Ademáis de ser un libro sinxelo de ler, dinme conta da realidade do
mundo no que vivimos. Dinme conta da desigualdade que existe, na falta que
facemos todos e cada un de nos para axudarnos e da sorte que temos algúns de
ter todo o que temos, e que por desgraza, non sabemos valorar. Tamén aprendín a
crer en min mesma, e loitar polo que quero sen medo os prexuízos que atoparei.
Para
rematar, recomendo moito este libro a todos para que sexan quenes de sacar as
súas propias conclusión e aprendizaxes.
Sen comentarios
Publicar un comentario