Comentario de Alba Gómez Barros
As palabras poden matar
Marcos Calveiro
Xerais
Na colonia de Seavia situada en Santa Clara. O Chibo e
os seus sicarios controlan todo o que ocorre por medio do terror. Os personaxes
desta colonia morren a causa da violencia. Logo aparece Silencio, un personaxe
que só se comunica por sinais e que desafía a autoridade de Chibo.
A pesar de que este libro non me enganchou tanto coma
outros, gustoume bastante sobre todo pola forma na que está narrado e polos sentimentos
dos personaxes que están expresados minuciosamente.
A presenza de Silencio chamoume moito a atención, nun
primeiro momento non entendía esa parte, pero logo decateime do seu obxectivo
xa que a historia está baseada na inxustiza.
Cómpre salientar que este libro pareceume entretido
nos capítulos que se centran en Efrén e no seu amigo que cae nas mans de Chibo.
En conclusión, As palabras poden matar gustoume
polo feito de que amosa a violencia agochada en moitos lugares do mundo e non
se busca solución. Recomendaríao para que todos pensen no que está a suceder e
non lle damos importancia. Por exemplo nesta colonia de Seavia que me
transmitiu tristeza xa que na actualidade non lle poñemos remedio a situación
como estas.
Sen comentarios
Publicar un comentario