Unha puta percorre Europa é un libro de Alberto Lema
no que dúas lesbianas feministas se fan pasar por prostitutas e van asasinando
aos seus clientes.
Este texto ten como obxectivo
facernos reflexionar sobre a sociedade de hoxe en día, facer visible o invisible,
ver como están usando as mulleres como obxectos sexuais. O que máis me chamou a
atención é como este tema de gran importancia na actualidade se trata con total
normalidade e ata chégase a facer bromas.
Con respecto ao título pensei
que o libro ía contar os feitos que lle acontecían a unha puta nos distintos
países de Europa, pero o gran cambio de tema fixo que me encantase este libro.
É importante salientar a
forma na que as prostitutas acaban cos seus clientes, sempre asasinados, agás
nun caso. Por exemplo na primeira situación mataron a Santiago cunha pistola e
deixaron encima da mesiña unha tarxeta que pon “Putas Asasinas”.
A verdade,
pareceume entretida a forma na que se desenvolve a historia e como Pereira coa
axuda de Diana e outras persoas despois de comezar a darlle importancia ao
asunto comezan a investigar.
O único que cambiaría neste
libro é a forma na que os clientes sofren as consecuencias. Na miña opinión
intentaría que eles se puxeran no lugar das prostitutas para ver todo o que
pasaron e sufriron.
En conclusión este libro
gustoume moito. Especialmente a forma na que está escrito e distribuído, xa que
o lin rapidamente. Recomendaría este libro xa que é un tema moi
interesante do que todos deberían reflexionar e os homes pór da súa mana para
que isto remate.
Sen comentarios
Publicar un comentario