Comentario de Adriana Cangado Costa
Un día estaba tranquilamente na biblioteca do IES Laxeiro cuns amigos
facendo uns exercicios, e non sei como, pero os meus ollos deron en mirar para un
libro de cor negra que estaba no andel de “libros para catalogar”.
Esta cor é a miña preferida e desde logo que o aspecto do libro era ben
agradábel; chamábame a lelo tanto como o Ziggurat chamaba aos xinetes.
Hai uns días tomei o libro
prestado e decidín deixalo coñecerme a min e a miña casa, pero non todo foi
tan fácil como chegar e pórme a ler, xa que nestas datas de exames e traballos
por entregar resulta bastante complicado sentarse un pouco para gozar da
lectura.
Despois de tanto velo pousado
enriba da mesa puiden collelo e empezar a degustalo.
Non teño moito máis que dicir
sobre o libro excepto que é impresionante. Unha páxina preguntaba onde estaba a
seguinte e así ata rematar o libro enteiro.
Resúltame tamén incríbel a fermosa obra que Anxo Fariña creou: 4_xinetes.
A verdade é que non sei que
dicir, porque o libro teno todo, é fácil de ler, moi entretido e ten unha
historia fantástica cun final que non o esperaba, de feito, supoñía que os
xinetes volverían á súa vida normal e que fose como se non pasase nada, pero
non. O final sorprendeume gratamente, non foi para nada un final Disney como
estamos acostumados, foi algo moito mellor.
Dende logo que o libro tamén me
deixou algunhas dúbidas compatibles co bo sabor de boca de lelo. Vendo o
calibre da trama, o primeiro que se me pasou pola cabeza foi: como se lle
ocorreu esta historia ao escritor?
Despois, cando seguín lendo,
fixeime que moitas veces testa que todos temos un destino, un cometido ao cal
chegar antes de morrer, o cal tamén me fixo preguntarme se o autor crerá no
destino.
Outra das preguntas foi sobre
unha personaxe, Mizuki, por que esta fala cunha boneca? A verdade é que sobre
Mizuki todo é un pouco estraño pois é unha rapaza da miña idade, 18 anos, e está
cunha persoa de 51 co que goza da súa presenza e el dela, o cal é común, pero
case ao final da historia vese como estes dous teñen algo máis que unha simple
amizade, xa que se botan de menos mutuamente.
Outra dúas preguntas que me
seguen pasando pola cabeza son: por que hai páxinas en negro ? Tan só para
destacar que son os mensaxes da rede ou hai algo máis? E por que David e Liam
son tan necesarios na obra?
Por último, e con respecto ao
capítulo 0, eu pensei moitas veces se algunha vez, por algo que dixese ou
fixese, alguén perdese a vida.
Sen comentarios
Publicar un comentario