Cartas de amor
Fran Alonso
Xerais
As historias deste libro nacen a partir
de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. Os protagonistas
destas cartas non son só o amor ou desamor, son
a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a
prostitución, a presión social, a integración…
As cartas son escritas por mulleres en
distintas circunstancias tanto persoais como sociais. Situacións moi difíciles,
ás que se enfrontan con moita valentía.
Este libro é moi tenro que reflexa un
canto á vida e á dignidade.
Busquei un libro que me fixera
experimentar novas sensacións. Busquei un libro que non fora un libro
convencional, un libro novo, un que relatara historias reais, da vida mesma.
Cartas
de amor, por veces, non deixa máis elección que
deixalo e seguir lendo noutro momento debido a impotencia que sentes polas
circunstancias que viven esas mulleres.
Foi un libro que me fixo reflexionar e
saber unha vez máis e recordar que as mulleres somos moi fortes e que podemos
con todo. Nunca olvidarei estas 9 historias tan tristes e emocionantes que lín.
Recoméndoo moitísimo, e penso que moita
xente, se o le, reflexionaría e ata podería cambiar a opinión das mulleres a
moitos.
Sen comentarios
Publicar un comentario