Comentario de Ana Santalla Garrido
Son noxento
Mª Xosé Queizán
Xerais
Este é un libro que
reflicte un dos maiores problemas de hoxe en día.
A min este libro sorprendeume moito, nunca
pensei que puidera dar un xiro tan inesperado, aínda así pareceume moi forte a
visión que ten o protagonista sobre as mulleres e como el mesmo se identifica
coma un cabrón e un machista.
Cada vez que vía como se aproveitaba de
Lilí fervíame o sangue porque sempre se saía coa súa pero aínda así o que
nunca pensei é o que ocorre ao final coa filla, para min foi algo moi, pero que
moi chocante…
Este libro gustoume moitísimo porque foi
o primeiro libro que lin onde o protagonista é un maltratador, normalmente
os libros sempre teñen a persoa violada coma protagonista; axudoume moito a
darme de conta de como un home que ao princiìo parece bo e xeneroso é de tal
maneira, aínda que tamen me sorprendeu moito a actitude de Lilí, estaba coma
cega de amor, non vía todo o que lle estaba a facer a ela e á súa filla, era coma
se só quixera estar con el fixera o que lle fixese
Baixo o meu punto de vista
moita xente debería ler este libro, e eu recoméndoo ser dúbida.
Sen comentarios
Publicar un comentario