Comentario de Noa Presas
Corredora
María Reimóndez
Xerais
O libro Corredora de María Reimóndez é un libro moi curtiño
pero cargado de emocións: a historia de superación dunha filla e a súa nai, para quen aínda que parezca contraditorio a fame e a guerra foron a súa liberación; Puideron
escapar do seu peor tormento, incluso máis que a fame ou a guerra e ese era o
que se cría o seu dono, o que fixo a vida da nai un tormento: o seu propio
marido.
A autora amósanos a triste realidade que se
sufriu e se sofre aínda hoxe en moitos países do mundo: as guerras, a fame e o
maltrato das mulleres.
En primeiro lugar vou a destacar a figura da
nai, esa muller pouco faladora cun espírito de superación incrible, unha muller
que se busca a saída aínda que sexa dura, a cal fala pouco pero sente moito,
sen dúbida unha figura admirable, que nos fai acordarnos do cómodos que estamos
todos na nosa casa, sen acordarnos das invisibles, de todas estas mulleres,
heroínas, todas e cada unha delas, que non abonda coas situacións que a vida
lles plantea que senon fai que nacer muller, aínda o complique todo máis.
E en segundo lugar a nena, esa nena a quen lle
apasiona correr, cando é peque non entende ben o que pasa e nalgúns momentos
está confusa, pero co paso do tempo adoitou a imaxe de súa nai e converteuse
nun personaxe forte e loitador, que máis adiante conseguirá unhas metas
incribles pero non sen esforzo.
Este libro encantoume porque é unha mestura
de cousas que me apaixoan e me parecen moi importantes: a
reevindicación do feminismo, que se ve claramente nas inxustizas que se cometen
coas mulleres, tamén pretende mobilizar a figura da muller no deporte e por
último facer que sexamos máis humanos e queiramos axudar a todos os inocentes
que por culpa das guerras e da miseria sofren tales adversidades. Sen dúbida ningunha un libro curto, pero verdadeiramente fíxome pensar.
Sen comentarios
Publicar un comentario