Desta volta
Carlos Negro preséntanos un libro cheo de adrenalina, velocidade e enerxía; un
libro dirixido especialmente a todas aquelas persoas ás que lles gusta
acelerar, queimar roda e sentir a velocidade na estrada; un libro de bos
comezos pero tristes e sanguinolentos
finais.
Makinaria
móstranos unha nova forma de escribir poesía, onde non todos os versos teñen
que ter exactamente o mesmo número de sílabas e rimar entre si, como o fan case
todos os demais poemas que nos ensinan no colexio. Senón que nos mostra uns versos cunha métrica
libre, moitos deles sen división de estrofas e cun vocabulario propio da xerga
xuvenil.
Con estes
versos tan peculiares, Carlos Negro trata de advertir a todas esas persoas que
cren ter a situación baixo control cando se soben a un coche cun condutor
borracho, cando queren sentir a adrenalina provocada pola velocidade e se lanzan
á aventura ou cando pensan que son as únicas persoas na estrada e que non lles
vai a pasar nada aínda que vaian un pouco máis rápido do permitido.
E que mellor forma pode haber para advertir a
alguén ca mostrándolle a pura realidade? Pois iso é xusto o que se fai neste
libro, os finais poden parecer un pouco duros e crueis pero simplemente son
finais reais.
Para rematar
direi que Makinaria é un libro moi pero que moi necesario, e máis para o
tipo de público ao que está dedicado. Espero que todo aquel que se atreva a mergullarse
nesta marabillosa lectura a saiba aproveitar e decida non poñer en perigo a súa
vida na estrada.
Sen comentarios
Publicar un comentario