Comentario de Noa Presas
A evolución de Calpurnia Tate, da autora
Jacqueline Kelly, é unha novela de extensión non moi longa e moi doada de
ler. Cóntanos unha historia dunha rapaza cun soño: ser naturalista.
Esta é unha novela para xente nova ou non
tan nova, porque a pesar da súa fácil lectura, ten unhas ideas que a autora
expón claramente.
Eu comprendín como idea principal a dunha
rapaza que non quere aprender a coser, nin a cociñar, dálle igual ter o pelo
longo, e ser como se supón que unha rapaza ten que ser.
Ela, dotada dunha gran perspicacia, observa o
seu arredor e interésase polo porqué das cousas,
esta nena, con tan só 12 anos ten unhas
ideas moi avanzadas para a súa idade ou época, e coa axuda do seu avó descobre
a Teoría da Evolución de Darwin, que lle axuda a evolucionar a ela tamén.
A novela tamén ten contidos didácticos, que
son as conclusións que saca a rapaza, ben por si soa, ou coa axuda de alguén,
os cales se absorben case sen darse conta.
Penso que isto axudará aos lectores máis
novos de dúas maneiras, a primeira, axudalos a interesarse pola ciencia, xa que
o libro a presenta de maneira moi entretida e interesante. E a segunda, fará
pensar de maneira diferente, por unha parte a aqueles mozos que están
acostumados a pensar que as nenas teñen que estar perfectas, e facer as cousas
que as mulleres poden facer, e axudaraos a ver que estas cousas que as mulleres
poden facer son todas; e por outra banda as nenas que pensan que esa profesión
é de nenos que elas debería ser algo como enfermeira ou azafata, cando o que de
verdade lles gusta son os animais, ensuciarse buscando neles, e facer cousas que
non son as que lle pertencen como mulleres, e poñerlle como meta que persigan o
que lles gusta sen importar os roles que esta sociedade nos marcou dende que
nacemos, facendo que moitas cousas sexan un impedimento polo simple feito de ser
muller.
Sen comentarios
Publicar un comentario