Comentario de Noa Presas
A estraña desaparición de Esme Lennox
Maggie O´Farrell
Galaxia
A estraña desaparición de Esme Lennox
Maggie O´Farrell
Galaxia
Esta
novela conta
a historia de tres mulleres diferentres das cales as súas historias veremos entrelazadas.
A
vida de Iris dá un xiro inesperado cnado recibe unha chamada dun psiquiátrico na
que lle din que é a responsable de Esme, a súa tía avoa, isto colleu totalmente
de sorpresa a Iris xa que descoñecía a existencia desta muller.
Por
outro lado temos a Kitty, que na actualidade se encontra nun centro de anciáns, e
padece Alzhéimer, a cal é a avoa de Iris e a irmá de Esme.
A
partir destes piares comeza a desenvolverse unha novela de intriga na que os
planos narrativos se solapan e alternan entre eles e tecen un fio na trama a
tempo real protagonizado por Iris, e sobre el os recordos de Esme que viaxan ao
pasado, pero de maneira desordenada con certas lagoas, tamén os recordos de
Iris que a miúdo se perde no pasado e recorda a súa vida con Esme, aínda que ás
veces a mente lle xogue malas pasadas, perda a memoria por momentos e experimentando
outros moitos de lucidez debido á súa enfermidade.
A
estrutura dsta novela foi o que máis me chamou
a atención, xa que a historia está narrada a tres voces, ao principo custoume
adaptarme aos saltos no tempo, pero cando te adaptas, de seguido comezas a disfrutar
da lectura.Tamén se aprecia que frases que van saindo ao longo da novela, nun
principio non sabemos onde colocalas, pero co tempo todo ten sentido e ímonos
dando conta de onde encaixan as pezas que a escritora nos dá salteadas.
Por
outra banda, a historia de Esme impresionoume máis que a das demais dende o
principio, xa que vén dunha familia na cal a máxima aspiración dunha muller é encontrar
un bo marido e casar, pero Esme quere algo máis. Ela é unha rapaza independente
e libre que quere viaxar e aprender, nada de atarse nin obedecer. Pero se
retrocedemos 60 anos no tempo, a sociedade daquela non vía con bos ollos a
unha muller con esta maneira de pensar. Para min foi unha das razóns polas que
unha rapaza con ganas de voar acabou encerrada nun psiquiátrico máis de 60
anos.
O
que me fixo reflexionar e darme conta de como xulgamos hoxe en día ás persoas e
tachámolas de tolas a aquelas que non seguen as normas sociais establecidas que
nos ensinaron dende pequenos e moi pouca xente se atreve a cuestionar, ou
aqueloutras que non seguen os patróns de “normalidade”, pero non obstante… Que
é a normalidade hoxe en día?
Por
estas razóns teño que dicir que esta novela é unha das máis complicadas que
lin, pero encantoume, aínda que ao principio pensei en abandonala antes de
comprendela de todo, pero resistín un pouco máis e comecei a entender a trama.
O
que me deixou sen palabras foi o final, aínda que
penso que se pode interpretar de varias maneiras.
Sen comentarios
Publicar un comentario