Comentario de Alba Rey
O centro do labirinto
Agustín Fernández Paz
Xerais
O centro do labirinto
Agustín Fernández Paz
Xerais
O centro do labirinto é un
libro escrito por Agustín Fernández Paz, que se sitúa no ano 2054. Europa transformouse nunha sociedade uniforme, onde
a variedade de linguas e culturas son só un recordo do pasado. Sara Mettmann,
membro da organización que o controla todo dende a sombra, viaxa a Galicia en
compañía de David, o seu fillo adolescente, para examinar uns enigmáticos petróglifos.
Cando David desaparece misteriosamente, vese arrastrada a unha aventura
complexa e fascinante, que acabará por cambiar o destinado da humanidade.
A través dun rapaz moi crible,
David, para quen a viaxe supón o descubrimento das súas raíces e a entrada na
vida adulta, o autor crea un mundo no que a identidade, a tolerancia e a
diferenzas son os rasgos positivos. É unha novela que nos traslada a un futuro
para facernos reflexionar sobre o presente.
Direi que é un libro que
cando o comecei a ler pareceume moi pesado, pero segundo avanzaba na lectura
descubrín todo o contrario, que dende o meu punto de vista o podo considerar
como un libro apaixonado e escrito dende a oposición ao pensamento único.
Sen comentarios
Publicar un comentario