Made in Galiza
Séchu Sende
Neste libro Séchu Sende é capaz de nun conxunto de corenta pequenos relatos
facernos reflexionar sobre a situación da lingua galega. Da man destes relatos van
o humor, a ironía e a retranca galega. O escritor cóntanolo de xeito sinxelo e cotiá,
por exemplo por que ós meniños pequenos os pais non lles falan en galego, acaso
pensan que van obter unha mellor educación en castelán ou van ser máis cultos?
Entre o feixe de relatos, un dos que máis recordo e máis me gustou foi: instrucións para aprender
galego.
Este foi un libro que me gustou moito pola súa creatividade e
orixinalidade, e sobre todo gustoume a idea da retranca e ironía que Séchu
introduciu para poder facer que moitos galegos e galegas pasen un bo tempo lendo
este libro. Penso que cada lingua debe ser libre e dende logo a lingua galega
non ía ser menos!
Sen comentarios
Publicar un comentario