Comentario de Silvia Souto
Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Dragal, a herdanza do dragón de Elena Gallego Abad é o primeiro dunha trioloxía de fantasía cuxos
protagonistas son dous mozos. Hadrián, un mozo que se ve obrigado a mudar de
vila, acabará descubrindo moitos segredos que xiran en torno a el. En cambio,
Mónica é unha nova amiga coa que acabará compartindo todo o que sabe de
Dragal, un dragón que comezara a falar na súa mente e que, sorprendendo ós
rapaces, calaba na misteriosa igrexa de San Pedro.
Cunha maneira pausada de narrar e sendo un libro cheo de descricións,
un consegue imaxinarse todo o que acontece incluíndo aqueles momentos
incribles. Gustoume moito todo o que acontecía en torno a Dragal, todos os seus
misterios e a maxia que o rodeaba. Quizais o que menos que gustou foi como
encaixou o tema do bulling con Dragal ao facer que os acosadores perseguiran ós mozos para saber do tema.
É un libro recomendable e que espero que vos guste.
É un libro recomendable e que espero que vos guste.
Sen comentarios
Publicar un comentario