Comentario de Roberto Agra Buján
O home que era xoves
Gilbert Keith Chesterton
Ed. 2.0 editora
Existen poucos libros que lea nunha tarde,
principalmente porque disfruto tomándome a lectura con calma e lendo só cando
me apeteza, pero este libro fixo que non puidese despegar a vista del ata que o
rematei.
Durante o tempo que estiven lendo o libro,
deume a impresión de estar dentro dun xogo de bonecas rusas no cal cada
capítulo vai descubrindo os segredos que rodean á cúpula anarquista de maneira
que cada segredo da pé a outro máis enrevesado.
O secretario do consello anarquista, e o
protagonista, son os personaxes que na miña opinión, están mellor plantexados,
como o secretario demostra en todo momento ese malestar mental que non o deixa
de mancar, como se reflexan as inquetudes de Syme cando se atopa por primeira
vez con Domingo, todo iso fai que se estableza unha especie de empatía entre
eses personaxes e o lector.
Non quixera rematar esta crítica sen facer
mención á miña parte preferida do libro, a cal ten o seu momento álxido nunha
cidade francesa a cal se levanta en armas para loitar contra o suposto inimigo.
Sen comentarios
Publicar un comentario