Comentario de Roberto Agra Buján
As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia
As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Despois
de ler este libro, acabeime de convencer de que Carlos Vila Sexto é
un dos mellores escritores dos que tiven o pracer de ler as súas
novelas. "Gárgola", "O enigma de Caronte" e
agora "As sete mortes", eses son os libros que lin del e
debo dicir que este último foi o que máis me gustou, a ambientación
e os repentinos xiros argumentais danlle a este libro unha capacidade
de sorprender que os outros non teñen.
O
libro enganchoume dende o primeiro momento, empezando cun morto xa no
prólogo, así se ten que empezar un libro de terror e misterio, así
se engancha ao lector a unha historia que acaba por xirar en torno á
mitoloxía celta.
Coma
sempre, houbo personaxes que conseguiron cautivarme, un trátase do
personaxe que eu bauticei co nome de RefrexoMan ata que xa se lle deu
un nome na novela, conseguiu captar a miña atención polo misterio
que o rodeaba e por ese aire escuro e siniestro que a min tanto me
gusta, o outro personaxe que me encantou foi o propio protagonista,
Xacobe, pola súa visión da inmortalidade e da vida, o único que me
causaba repulsión deste personaxe era a súa adicción ás drogas
durante a primeira parte da novela.
En
definitiva, "As sete mortes" ten unha perfecta combinación
de bos personaxes, boa ambientación e boa narrativa; unha perfecta
representación de como deberían ser todas as novelas de terror. O
libro empeza coa simple premisa de un misterioso asasinato, pero
pouco a pouco complica o argumento convertendo o libro nunha montaña
rusa de emocións as cales van cambiando entre a sorpresa e a
espectación.
Sen comentarios
Publicar un comentario