Comentario de Telmo García
A piragua
Cándido Pazó
Laiovento
A piragua
Cándido Pazó
Laiovento
Esta pequena obra teatral
gustoume moito. Aínda que pequena, pois non ten
máis que 130 follas, é unha lectura densa xa que mezcla tempos, cruza
historias e emprega escenas de teatro (o teatrillo da carpintaría de Lucía , Brandán
e Suso) dentro da propia obra de teatro.
Ler este drama esixe un lector que sepa montar as historias e encaixar piezas e
pistas, pero iso gustoume e mantivo a
miña atención. Así que a obra é breve, pero intensa.
O libro de Cándido Pazó
desenvolve o tema da violencia de xénero dunha maneira serea, pero contundente
e tamén diferente. Gustoume que non
houbera una asasinato dunha muller. A asoballada Rosa supoñemos que empeza unha
nova vida, lonxe de Delio, un prototipo de marido controlador e agresivo. Ela
avanza na súa vida e non acaba morta. El, en cambio afúndase no seu propio desastre
e acaba sendo vítima da súa propia violencia.
Outros libros que lin neste
curso e no anterior sobre este tema tiñan sempre un final violento para as
mulleres, pero nesta obra non é así. Aquí ábrese a porta á esperanza. A vítima
di adeus aos malos tratos verbais e
físicos, e é o maltratador quen acabará no cárcere. O final da obra coa motosierra do
principio soando encantoume porque crea un efecto de historia redonda e tamén
de peche rechamante.
Para min, a
mensaxe que intenta trasmitir esta obra teatral é que o ser violento
sempre acaba móstrandose. As persoas violentas son tóxicas e evitalas é o
mellor que un pode facer. Con elas non hai lugar ao dialógo e están moitas
veces agochadas tras falsas amabilidades, tras iso que chaman un “carácter
forte”. Delio era un mal home, un acomplexado e manipulador emocional e algo
tan rídiculo como unha piragua dun veciño nun garaxe valeulle de escusa para
estoupar e amosar ao verdadeiro Delio.
Sen comentarios
Publicar un comentario