Comentario de María Rodríguez
A estrada
Cormac McCarthy
Faktoría K
Novela de aventura e de terror. Mostra a penuria que pasan un pai e o seu fillo deambulando
por un mundo frío, sen vida, desolado...
Cheos de fame, con frío e tristeza, empurran o seu carriño pola estrada, un camiño sen fin,
de aí o título do libro, A Estrada.
Nesta novela pálpase a relación que hai entre a paisaxe e o medio
físico. É un medio natural sen vida. O ceo cuberto de cinzas e o entorno no que
viven os protagonistas non é o máis adecuado para os seres vivos polo que teñen
que facer un gran esforzo para sobrevivir e para buscar algo mellor.
O pai aparece como unha persoa sufrida e obsesionada por buscar un mundo mellor para el e para o
seu fillo, querendo preparalo, física e psicoloxicamente, para cando el non
estivera, pretendendo deixarlle unha forma humana de sobrevivir . Por outro
lado, o pai, a pesares de que quere
loitar, na súa mente, tamén está o
suicidio.
O pai, ao longo da
historia, vese alimentado por todos os recordos gardados antes da catástrofe.
Podemos observar momentos puntuais de alegría, o mesmo tempo que, un gran
cariño e o amor que existe entre os dous, pai e fillo.
A Estrada é unha historia de supervivencia,de loita continua, de espírito de superación, e onde os protagonistas sacan forzas de onde
non as hai para seguir adiante.
Por un momento, detívenme
a pensar, se calquera de nós chegásemos a nacer nun medio semellante a
ese, eu creo que, sería imposible loitar
con esa forza pola vida tentando superar todos eses obstáculos . A min axudoume
a cuestionar como vemos e valoramos a
vida que estamos levando hoxe en día. A
esperanza é o último que se perde!
Esta obra, aínda que moi triste, gustoume moito. Recoméndoa!
Sen comentarios
Publicar un comentario