Comentario de Telmo García Castro
Comedia Bífida
Manuel Núñez Singala
Galaxia
Comedia Bífida
Manuel Núñez Singala
Galaxia
Esta pequena obra teatral trata o tema da defensa do
galego. A partir dun suposto xuízo a
falantes que non respectan a lingua, o autor pretende despertar a nosas
conciencias lingüísticas para que superemos os prexuízos contra o galego.
A obra ten o seu toque de humor cun anxo que defende o
castelán e un demo que se encarga de abrir os ollos a todos para que detectemos
actitudes prexuiciosas. O anxo non deixa de ser un panaco fiscal que non da pé
con bola, pero o demo “Luci” (de Lucifer) é unha intelixente voz que desarma a
eses falantes que, ás veces sen sabelo, están cheos de odio hacia o galego. Danse
situacións moi cómicas coma a das siamesas enfrontadas polo fútbol ou cando o
fiscal Arcanxo ten máis fame que ganas de defender o castelán. As chamadas da
señora preguntando pola lavandería son tamén un contrapunto chistoso que fan
desta obra unha comedia lixeira.
A obra é moi orixinal e válida como obra
reivindicativa, pero na miña opinión ten un exceso de mensaxe de defensa do
galego. O final,con esa confusión entre espectadores e mortos, e co engano de
San Pedro a Deus mentíndolle, gustoume por chistoso e cheo de orixinalidade.
Sen embargo, a idea xeral da comedia é que me resultou un pouco cansina., sobre
todo o feito de que repetira sempre a mesma estructura nos xuízos: presentación
dos falantes, revisión dos seus casos con algún flashback e intervención de San
Pedro. Acortaría algo o xuizo e faría menor a carga de denuncia lingüística e
maior o fío da historia. Creo que así gañaría a obra porque en algún momento
parece máis ca unha comedia un panfleto.
Sen comentarios
Publicar un comentario