ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/01/16

Baixo mínimos


Comentario de Cristina Costela Seara
 

Baixo mínimos
Diego Ameixeiras
Xerais
 
 
 
Baixo Mínimos é o segundo libro que leo deste autor, e o que podo dicir é que grazas a el e aos seus libros gústame a novela negra.
Neste libro, o detective Horacio Dopico esperta pola mañá co recordo da súa ex-muller, recibe o encargo de investigar o asasinto de Adrián Seivane, un avogado de moita sona en Ourense. Todos teñen claro que foi matado polo GIA, un grupo terrorista. Mentres investiga no caso é sometido a varias malleiras por dito grupo, ademais aparecen varias mortes en cadea.
Nesta novela, Diego Ameixeiras tratou moitos temas: a corrupción, que se reflexa nos negocios de Silvia Puga e Seivane, que só estaban xuntos para realizar este negocios ilícitos; o terrorismo da man do grupo rerrirista GIA; a prostitución... E tamén os malos hábitos do detective, que tomaba cocaína e bebía moito whisky.
Un libro que me enganchou dende a primeira páxina que lin, só pensaba en chegar ao final para descubrir o asasino de Seivane; eu fíxenme compañeira de Horacio conforme ía pasando a lectura, tamén intentaba eu buscar a pista e saber quen matara ao avogado.
Ademais como pola metade do libro ían aparecendo máis mortes, a miña intriga ía en aumento.
Unha novela que é sinxela e fácil de ler, recoméndolla a todos e todas, unha novela que paga a pena ler !
 

Sen comentarios