
Lume de cobiza
Miguel Anxo Fernández
Galaxia
Esta historia gustoume moito pero non me entretivo
nin me emocionou tanto lela como a de A Praia dos Afogados.
Esta historia trata sobre un home que se chama
Frank Soutelo que vai de vacacións a Muros, á casa da súa tía e da súa curmá. O
protagonista tivo que estar en Madrid unha temporada por temas de
administración e aproveitou para ir ó museo a ver cadros famosos como o de
Picasso.
A parte desta novela que máis me gustou foi cando
a súa curmá lle pide axuda con unha amiga á cal lle morreu o fillo. A autopsia
di que morreu de sobredose de drogas pero os pais non o cren así. Esta foi a
parte que máis me gustou porque o autor expresa a desesperación dos pais do
rapaz por averiguar o que pasou en realidade. Outra das partes da novela que
máis me gustou foi o momento do “interrogatorio ó mercenario serbio, o cal foi
encontrado pola detective local que lle axudou no caso e tamén gracias ó apoio
do ex - garda civil. A parte da historia na que conseguen que o mercenario
confese que el axudou a matar ó mozo foi unha das máis tensas e unha das maís
intrigantes da novela.
Aínda así gusataríame que, por exemplo, o caso
desta historia fose un pouco máis longo e que as pistas que tivese que seguir
Frank fosen máis enrevesadas porque así tería máis intriga a resolución do caso
e tería máis enganche á hora de lelo.
Sen comentarios
Publicar un comentario