ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/12/15

Lume de cobiza

Comentario de Raquel García


Lume de cobiza
Miguel Anxo Fernández
Galaxia



"Lume de cobiza" de Miguel Anxo Fernández ademais de ser un libro entretido é tamén un libro bastante didáctico. Didáctico por que? Didáctico porque nos ensina como é a sociedade actual dun mundo que xira arredor do capitalismo.
Lendo este libro entretinme bastante, non só polo asasinato en si e por descubrir o asasino (feito principal) senón tamén por saber ata onde é capaz de chegar a xente e o que é capaz de facer polo poder e máis concretamente polo diñeiro.
A trama do libro é a morte dun rapaz que aparenta morrer por sobredose e que perfectamente podería pasar desapercibida coma outras moitas mortes de sobredose que hai, de non ser polos pais que están convencidos de que o asasinaron. Ao principio pode parecer que moitos personaxes sobran na historia pero cerca do final todo encaixa como pezas de puzzle e cada personaxe ten a súa importancia na mesma.
Este libro confirma esta frase que di "o home é capaz de autodestruirse" a cal é unha verdade evidente. A miña pregunta é: como nos cega tanto o diñeiro que non vemos que nos estamos matando a nós mesmos? En fin...
O personaxe ou os personaxes cuxa vida non entendo moi ben e que me parecen algo complexos son Soutelo e Sugar Jones xa que me parece que poderían ter unhas vidas máis fáciles e non tan complicadas.
O feito da historia que máis me gustou e máis me conmoveu foi as landras que colleu Soutelo na súa terra e que posteriormente ao viaxar a Malibú e atopalas as pranta en macetas como xesto simbólico de non perder as súas raíces.
Para concluir, dicir que é un libro do que podemos aprender moitos.

Sen comentarios