Comentario de Nerea Álvarez
A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia
Este libro gustoume moito.
Esta historia trata
sobre a aparición dun cadáver , que pensan que afogou, na praia de Madorra. O
policía Leo Caldas, provinte de Vigo, é o que recibe a chamada de alerta, a cal
o vai converter no inspector deste caso. A parte da novela que máis me gustou
foi cando o inspector Leo non lle dá importancia ó corpo do morto, é dicir, da
por feito que foi un suicidio pero ó longo do día a autopsia rebela que a forma
na que ten atada as mans descarta que fora un suicidio, senón un asasinato.
Esa parte foi a que máis me gustou porque o inspector non lle daba importancia
a ese pequeno detalle de como a tiña amarradas as mans mediante unha brida.
Outra das partes da historia que máis me gustou foi que aínda que o cadáver
se atopou na praia de Madorra, algunhas das súas pertenzas encontráronse en
lugares diferentes, por exemplo, no texto di que a súa chalupa atópase ó outro
lado do Monteferro. Estes pequenos detalles son os que emocionaron a seguir
lendo xa que che crea a intriga de se nalgún outro lugar pode aparecer algunha
outra pertenza do falecido.
Desta novela sen dúbida gustoume todo xa que o autor intenta que nos
intriguemos con cada paso que inspector Leo vai dando. A intriga na que te
sometes cando empezas a ler a historia é extrema xa que, dende o meu punto de
vista, déixaste invadir pola historia é como se te meteses dentro da novela e
pouco a pouco vas atando cabos e intentando resolver ó mesmo paso ca Leo o caso.
Sen comentarios
Publicar un comentario