O libro remóntase
a tempos de Hitler cando os alemáns reprimían aos xudeus en campos de concentración
por razóns ideolóxicas. A situación que se da no libro céntrase en dous
rapaces, un era xudeu (Shmuel) e outro alemán(Bruno) , fillo dun xeneral.
Razóns demais para que eles non se puidesen relacionar. Os rapaces fanse
amigos, e o alemán procura ir ver sempre ó xudeu comunicándose a través da
verxa. Pero cando a Bruno lle comunican que terán que regresar a Berlín, este
ponse moi triste e decide ir ver ao xudeu para despedirse por última vez.
Non quero
desvelar máis cousas do libro, esta introdución escribina para que vos fagades
un pouco a idea de como é.
Penso que
esta peza para ser lida e comprendida tes que adentrarte na era de Hitler e
facerte un pouco á idea de como era todo nese tempo.
É un libro
que me costou ler e que me pareceu moi triste, xa que penso que é un tema moi
forte e que ningén quere saber nada del como é a guerra . A obra ilustra
moi ben como era aquela época tan dura para os xudeus. Durante o transcurso da
historia pensei que todo sairía ben, pero xa vexo que non todos os finais son
felices.
E para
concluír gustaríame recomendar este libro a aquela xente que lle interesa este
tipo de temas ou as persoas que queren ler unha boa historia aínda que o final
non sexa como todos queremos que sexa.
Sen comentarios
Publicar un comentario