Comentario de Paula Vázquez Vázquez
O ceo dos afogados
Francisco Castro
Xerais
Eu escollín este libro xa que os golfiños son
os meus mamíferos preferidos, pero os primeiros capítulos non resultaron se
como eu me esperaba xa que non os entendía, pero a medida que ía lendo, xa comecei
a engancharme pola magnífica historia que lles ocorrera aos golfiños e seguino
lendo con moito entusiasmo. A min gustaríame estar dentro do libro e poder
vivir eses acontecementos xa que me pareceron fantásticos e capaces de ser
reais, polo que desexaría vivir esa nova e irreal experiencia rodeada de
golfiños. Este libro encantoume e gustaríame ler máis ao longo do curso que vén,
que fosen desta temática e misterio.
Sen comentarios
Publicar un comentario