Vaia
sorpresa que levei con este libro!!! Cando esperaba que fora unha lectura sobre
humor atopeime cun drama : un rapaz de 16 anos con cancro terminal. A historia
de Nils é a crúa realidade que sofren moitas persoas.
O
libro gustoume, pero en certos momentos da historia non era capaz de seguir
lendo xa que pensaba que Nils podía morrer en calquera momento e isto dábame
moita pena. A intriga puido máis e finalmente
apoderouse de min e fíxome continuar
coa historia. O final parece que queda un pouco no aire porque non vemos
morrer ao protagonista … Pero todo o mundo imaxina o que lle acabará pasando ao
pobre Nils..
Aínda
que a temática é negativa, pódense sacar
ideas positivas do libro coma a
importancia na vida da amizade . Entre
Nils e Helene hai algo poderoso que os
une. Tamén a novela mostra o valor do amor da familia ante a enfermidade . Os
país do protagonista levan mal o cancro do fillo, pero sempre están para
apoialo.
Os
compañeiros dixéronme que non lera este libro se era unha persoa feliz porque
ía agobiarme , pero eu
recomendaría esta novela a todo o mundo e sabes por que? Porque
te fai ver o ben que se está cando se está ben .
Sen comentarios
Publicar un comentario