Esta
historia de Jordi Sierra i Fabra é moi conmovedora. Relátanos
a triste historia dunha rapaza de tan só 15 anos que falece tras sufrir un
aborto. A irmá da nosa protagonista regresa de Londres e comeza a investigar a
morte e a verdade sobre todo o ocorrido para poder quedar un pouco máis tranquila. Ao
longo desta historia coñeceremos quen foi o rapaz que deixou embarazada a Ana, por que motivo
ocorreu todo e para iso a irmá de Ana contará coa axuda dunha amiga da irmá
chamada Lidia e de Jairo, un amor do pasado pero co que regresará a
Londres moi namorada del de
novo.
Teño que
destacar que a actitude tanto do farmacéutico como da médica non me gustou
porque ao mellor grazas a eles non sucedería o acontecido. Salientar por outra
lado que a actitude de Vitoria foi magnífica e unha clara mostra do que é unha
verdadeira irmá.
Encantoume o
final da historia porque foi totalmente inesperado pero a súa vez fascinante.
Recomendaríalle
ler este libro a todas esas adolescentes que están un pouco perdidas para
que se decaten do que pode acontecer ás veces por non tomar a precaución
debida.
Sen comentarios
Publicar un comentario