En primeiro
lugar darlle as grazas a miña profesora por deixarme este magnífico libro que
fai florecer as bágoas a cada segudo.
Ás veces
quero morrer coa risa podo dicir que foi o libro máis triste que lin. Narra a
historia de Nils que con tan só 16 anos padece unha enfermidade que está á orde
do día ``cancro´´. Neste libro refléxase como é o pensamento dun rapaz ao que
lle queda pouco tempo de vida e que a pasa no hospital. A maioría das veces o
nosos protagonista escríbelle a súa irmá todo o que el quere que ocorra
despois de falecer e iso entristeceume moito.
Sorprendeume
a actitude de Nils á hora de ter que marchar para á casa porque el non queria,
non tan só pola situación dos pais senón por Helene, unha mociña que coñeceu
no hospital coa mesma enfermidade e coa que remata morrendo antes que o noso
protagonista, o que lle provoca unha dor moi grande; case a mesma que sentín eu
lendo.
Debo
salientar que o título deste libro non me gusta polo xeito de que non se
relaciona co contido que ten o libro comezado a lelo. Cando vin o título pensei
que ía ser unha historia coa que ía chorar coa risa, non que ía chorar de
tristura.
Recoméndolle
este libro a todas as persoas que quizais queiran saber como pode pensar o que
lle pode ocorrer a un rapaz que con tan só 16 anos vaia morrer de cancro.
Sen comentarios
Publicar un comentario