Comentario de Vanesa Lalín Pousa
Morgana en Esmelle
Begoña Caamaño
Galaxia
Este libro,
nun primeiro momento, non me resultou fácil de comprender, xa que cada capítulo
o conta unha persoa diferente, así atopamos dende o propio Merlín, como se
falase connosco, contándonos a súa vida, Felipe de Amancia que nos narra o
sucedido en Avalon ou a propia Morgana que no último capítulo me aclarou moitas
cousas, xa que fixo como un resumo do libro enteiro, onde narraba as súas
vivencias e crenzas.
No libro cóntanos moitos feitos históricos, pero cargados de maxia, onde se nos
quere ensinar moitas cousas sobre os que puideron ser os nosos antepasados, e
así a través dos recordos da Britania e ata do chamado círculo artúrico poder
reconstruír unha serie de feitos ou incluso mitos para saber algo máis de onde
vimos.
Ao longo de todo o libro, penso que nos quere transmitir, que todos temos una
serie de sentimentos ou culpas que sempre nos deixan pegadas, onde ás veces os
nosos actos fannos responsables de certas cousas que nos levan a ter que
aceptar esas consecuencias que nós mesmos provocamos como é o caso de Merlín,
que eu penso que todo o dano que causou foi debido a súa cobiza, e a súa a
vaidade, co único fin de que os acontecementos se producirán como el quería, sen
ter en conta os sentimentos dos demais, sobre todo de Morgana, que era una
nena, e tivo que facerse forte cos golpes que a vida lle proporcionaba , xa
desde que era moi pequena. Pero a pesar de todo isto hai partes que están cheas
de amor e sentimentos moi diversos que che fan reflexionar do insignificantes
que somos en certos momentos, pero todo o que está ao noso redor nos pode influír
dunha forma ou doutra, para sempre, como lle pasou a Morgana.
A min paréceme que no libro aínda que nos intenta transmitir a maneira de
pensar e facer da Britania hai moitos anos, eu creo que en moitos aspectos non
esta moi lonxe de ser coma hoxe, xa que moitos por chegar ao poder esquecen os
sentimentos e ata os dereitos dos demais.
Sen comentarios
Publicar un comentario