Este libro
relata situacións que ocorren en moitos sitios e que poida que coñezamos algún
semellante
Este libro trata todo o que está a suceder na actualidade coas
mulleres.
Cando falo disto refírome a que non son ben valoradas, que sempre van
ser criticadas e que nunca van gustar tal e como son.
Neste libro
recóllense 6 relatos de seis mulleres que pretenden amosarnos todas as
desigualdades que existen e que non debemos permitir. Estes relatos
parecen distintos pero á súa vez teñen algo en común, a amizade destas
mulleres que loitan cun mundo que as xulga.
Pode que este sexa un libro dos que te fan reflexionar, a historia que máis me gustou foi a de Fernanda porque mostroume que se
te propós algo podes chegar a conseguilo, destacar tamén o seu marido que
confiaba plenamente nela e a axudaba.
Está claro que este libro ensínanos a que nunca nos debemos rendir e
que podemos conseguir todo o que queiramos e que sempre debemos axudar a todos
os que o necesiten.
Recoméndoo
a todo o mundo para que se decaten da sociedade machista que hai na
actualidade.
Sen comentarios
Publicar un comentario