Comentario de Mario Silva
O neno do pixama a raias
Jhon Boyne
Faktoría K
O libro “O neno do pixama de raias “ non é precisamente un libro que me
gustase moito ler pero decidín probar a ver que pasaba , e ao lelo vin que a
historia non estaba mal , tócanos estar na segunda guerra mundial en Alemaña
baixo a ditadura anti xudeus de Hitler que mandaba recluílos en campos de
concentración onde mataban os nenos e nenas
e tamén os anciáns , precisamente o amigo do noso protagonista e un
deses nenos que esperan a súa hora nun deses campos de concentración.
Posiblemente o personaxe co que me sinta máis
identificado despois de ler o libro sexa
Bruno o noso protagonista , o que ten que descubrir a inxustiza que se produce
no seu país contra a xente que a calquera
lle resulta diferente no máis mínimo . Eu síntome máis identificado con el
porque eu tamén creo que a
discriminación que sofre a xente hoxe en día por ser diferente .
Este libro inda que non me gustou moito merecese unha
boa nota xa que nos da unha fermosa
lección moral sobre o racismo que se pode aplicar a calquera época , polo que
lle dou un 7 sobre dez .
1 comentario:
Este libro encantoume, aínda que é un libro que ten 200 paxinas, é moi interesante, entretido e fácil de ler, xa que cando vas lendo entendes todo á perfeción sin deixar dúbidas pendentes dalgúns personaxes ou escenas.
É un libro bastante triste.
Por exemplo, Cando Bruno recibe a noticia de que el e toda a súa familia teñen que viaxar non lle gusta nada a idea. Vendo a casa aínda lle parece peor todo, sempre estaban entrando e saíndo soldados, as alambradas que había ao redor, unha casa só de tres pisos...
O pai de Bruno era o que dirixía o campo de concentración, a casa que estaba rodeada por alambrada, onde xunto con outras persoas vivía Samuel, o neno xudeu do que se fixo amigo Bruno. Samuel recibía maltrato, pegábanlle, tratábano mal, tiña que ter o pelo rapado. El e todos as persoas que residían ali coma o camareiro que por caerlle o viño probablemente xa o mataran.
De novo cando Bruno recibiu a nova de volver para Berlín, a el non lle parecía unha mala idea pero pese a iso, fixo un trato co seu amigo Samuel poñendo o pixama á raias e quedando con el.
Publicar un comentario