Comentario de Mario Silva Canda
O portal dos elfos
Herbie Brennan
Xerais
Foi un libro que me gustou bastante, pola súa gran
combinación dun mundo cunha metade mitolóxica e
outra tecnolóxica, con demos, elfos da luz, elfos da noite, cheo
dunha maxia negra e prohibida que poucos coñecen, tamén temos que existen
portais ao noso mundo dende o seu e viceversa, podendo así comunicarnos .
O personaxe co que máis me identifico deste libro sería
Pyrgus Malve, un dos nosos protagonistas, polo xeral é un rapaz que quere
evitar o seu destino de converterse no emperador do reino do elfos. No que
máis me parezo a el é que eu sempre son fiel aos meus amigos ata a fin, en que xamais deixaría a un amigo atrás como
demostra el no libro, tamén compartimos que ambos os dous temos un gran aprezo
polos animais e un sentido limpo e claro
da xustiza .
Na miña opinón
persoal este libro é un dos mellores que lin ata o momento e doulle unha nota de
9.25 sobre dez.
Sen comentarios
Publicar un comentario